mércores, 11 de novembro de 2015

NON CHAS QUERO

Aquí tedes a cantiga para este MAGOSTO:

NON CHAS QUERO
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco,
que me cheiran ao chamosco.
Ailalelo, ailalalo.

Alá vén o gaiteiro
por detrás do pinar,
alá vén o gaiteiro.
Ai! Deixalo pasar .(3 veces)
Alá vén o gaiteiro
por detrás do pinar.

Vente vindo, vente vindo
que eu tamén me vou andando.
Fixen a cama na folla,
o vento vaima levando,
o vento vaima levando.
Ailalelo, ailalalo.

Alá vén o gaiteiro...

Indo polo souto abaixo,
escorrín nun ouriciño.
Ai que tres castañas levo!
Do souto do meu veciño,
do souto do meu veciño.
Ailalelo, ailalalo.

Alá vén o gaiteiro...

A castaña no orizo
quixo rir e rebentou, 
caeu do castaño abaixo,
mira que chasco levou,
miraque chasco levou.
Ailalelo, ailalalo.

Alá vén o gaiteiro...

ábreme a porta Marica, 
que che quero dar castañas.
Eu a porta non cha abro, 
que ben sei das túas mañas,
que ben sei das túas mañas.
Ailalelo, ailalalo.

Alá vén o gaiteiro...

Por se a necesitades para afinar, aquí tedes a melodía:
 




 

 


martes, 3 de novembro de 2015

OS HOMES DO SACO DA LOMBA

Ola a todas as persoas, grandes e pequenas, que nos acompañades nesta aventura virtual pero moi real.

O ENDL do cole propuxo neste Samaín recuperar a figura do Home do Saco. Unha das actividades que se lanzaron foi que os nenos e nenas escribiran as súas propias historias, contos ou sucedidos co Homo do Saco como protagonista. Estes foron as historias ideadas, escritas e contadas polos seus autores e autoras.

Escoitade se o medo vos deixa...
















luns, 19 de outubro de 2015

A LOMBA METE MEDO, MOOOOOOOOOITO MEDO

Ola navegantes!

O noso cole comeza a dar mooooooooito medo, o Home do Saco anda ceibo pola Lomba...
Homes do Saco das Estreliñas de 2ºA



Se queres saber máis destas Estreliñas e dos seus Homes do Saco, preme AQUÍ.

As arañas de 3ºB queren contarvos a todos e a todas a historia do Home do Saco.  Queredes escoitar?  Seguros?  Se despois non podedes durmir non será culpa nosa...






A rapazada de 4º tamén ilustrou a este home tan malvado. Mirade:


Os nenos e nenas de 6º fixeron este arrepiante acróstico coa palabra SAMAÍN.


martes, 13 de outubro de 2015

PROPOSTAS E RECURSOS PARA SAMAÍN

Ola a todas e todos!

O noso cole empeza a meter mooooooito medo, xa cheira a SAMAÍN. Deixámosvos algúns xogos, contos, vídeos e cantigas para que xoguedes cos vosos medos este días. Esperamos que che gusten, quero dicir, que chen den arrepíos.

PARA COMEZAR: Se queres sabes algo máis da tradición do SAMAÍN preme AQUÍ.

PARA CONTINUAR: Unha U.D. con actividades de comprensión lectora e plástica co Samaín como eixe central. Elaboradas polo profesorado dos CEIP Galán e CEIP Milladoiro.


  
Para entrar preme AQUÍ.

PARA XOGAR:

     Preme AQUÍ

 
Preme AQUÍ

Preme AQUÍ

PARA VER E MIRAR:
 


PARA CANTAR DE MEDO:



xoves, 1 de outubro de 2015

ESTAMOS NO OUTONO!!

Ola xentiña miúda e grande da Lomba.

Xa sei que algunhas e algúns de vós aproveitades as tardes para ir á praia, pero, ainda que non o creades, estamos no outono. O equipo de A LOMBA EN GALEGO queremos deixar aquí algúns LIMS moi interesantes sobre esta estación. Mirade, mirade como caen as follas e medran os cogumelos:

Preme AQUÍ para xogar.

 Preme AQUÍ para xogar.

Preme AQUÍ para xogar.

Preme AQUÍ para xogar.

Preme AQUÍ para xogar.

Preme AQUÍ para xogar.


xoves, 24 de setembro de 2015

CONCURSO: BÚSCASE NOME PARA A NOSA NOVA TARTARUGA.

Xa sabedes que SIRA, a nosa tartaruga, xa non está con nós, se o sabedes é porque sodes moi observadoras e víchedes valeira a súa peceira. Como sodes taaaaaaaan observadoras seguro que víchedes, xusto ao lado da súa peceira, este cartel que colocou Patricia, a mestra coordinadora de VOZ NATURA:


Dendo o ENDL queremos axudar á vosa inspiración, aquí abaixo tedes unha escolma de nomes galegos tanto en feminino coma en masculino, pero...      OH , OH!!!!   Será macho ou femia?   Tartaruga ou tartarugo?

Collede a vosa papeleta e a participar!!!

mércores, 16 de setembro de 2015

OLA, OLA, LA!!

Pois o que oes, as profes que formamos o ENDL do cole queremos estrear este curso e este blog decíndovos: OLA!!

A mellor forma que atopamos de facelo foi con esta canción de Mamá Cabra: OLA, OLA, LA!!