martes, 8 de novembro de 2016

CHEIRA A CASTAÑAS

Non queda nada para o noso magosto, xa me cheira a castañas asadas.

Ide ensaiando que se non cantamos, este ano non papamos castañas.

mércores, 2 de novembro de 2016

A AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN


 A rapazada de infantil dos grupos de 4 anos A-B e 5 anos A da Lomba argallaron unha aventura de Samaín con Don Quixote e Sancho de protagonistas. Mirade:



AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN

"Nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme, atopábanse Don Quixote e Sancho dispostos a vivir unha nova aventura. De súpeto:

- Mira Sancho! A sorte favorécenos amigo Sancho.

- Velaí un feixe de meigas bailando coas súas vasoiras. Que argallarán?

- Non temas amigo Sancho, Non permitirei que nos enfeiticen.

- Retorne vosa mercé, non peque de precipitado, non vaia a resultar coma as outras aventuras. Que non hai meigas, nin vasoiras, nin feitizos, nin conxuros por parte algunha. Que só son mouchos voando nesta noite especial.