luns, 20 de febreiro de 2017

ENTROIDO EN GALICIA

Empeza a conta atrás para que comece o entroido e o ENDL quere achegarvos unha información elaborada polo CRA de Bergondo sobre algúns dos tradicionais entroidos que podes atopar en Galicia. Mira:


OS PELIQUEIROS DE LAZA




OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO



AS PANTALLAS DE XINZO DA LIMIA




OS VOLANTES DO ENTROIDO RIBEIRAO DE CHANTADA



OS XENERAIS DO ULLA



Se queres investigar entra nestes documentos tan completos:

Preme AQUÍAQUÍ ou AQUÍ

O CRA de Bergondo tamén elaborou un material moi poético para o entroido. Se queres saber máis sobre o seu traballo mergúllate no seu blog premendo AQUÍ.










 

martes, 10 de xaneiro de 2017

VOTA POLA PAZ!!


URXENTEEEEE!!  O ENDL do cole precisa a vosa axuda.

Non temos aínda decidida cal será a canción da PAZ deste curso e o Día da Paz está a piques de chegar. Axúdanos a escoller votando entre estas dúas cancións:


DANZA DA PAZ de Mamá Cabra


APERTAS QUE VOAN de Paco Nogueiras

Quen pode votar? Pois todas e todos os que imos a participar o día 30 de xaneiro na celebración do DÍA DA PAZ.

Como hai que votar? Escribe un comentario nesta entrada co teu nome, curso e o título da canción pola que votas.

Ata cando podo votar? Ata o venres 20 de xaneiro.

A canción máis votada será a escollida.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!


martes, 8 de novembro de 2016

CHEIRA A CASTAÑAS

Non queda nada para o noso magosto, xa me cheira a castañas asadas.

Ide ensaiando que se non cantamos, este ano non papamos castañas.

mércores, 2 de novembro de 2016

A AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN


 A rapazada de infantil dos grupos de 4 anos A-B e 5 anos A da Lomba argallaron unha aventura de Samaín con Don Quixote e Sancho de protagonistas. Mirade:



AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN

"Nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme, atopábanse Don Quixote e Sancho dispostos a vivir unha nova aventura. De súpeto:

- Mira Sancho! A sorte favorécenos amigo Sancho.

- Velaí un feixe de meigas bailando coas súas vasoiras. Que argallarán?

- Non temas amigo Sancho, Non permitirei que nos enfeiticen.

- Retorne vosa mercé, non peque de precipitado, non vaia a resultar coma as outras aventuras. Que non hai meigas, nin vasoiras, nin feitizos, nin conxuros por parte algunha. Que só son mouchos voando nesta noite especial.




mércores, 19 de outubro de 2016

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ

O noso cole comeza a dar un pouquiño de medo...         morcegos, bruxas e monstros andan soltos!!


Pero se o que queres é o medo espantar, o mellor que podes facer é CANTAR.


Se o medo xa espantaches igual te atreves coa BRUXA REGAÑADENTES:



Se estás na procura de actividades, aquí deixamos un bo feixiño:

UNIDADES DIDÁCTICAS 
WEBQUEST (entra como convidado)
ACTIVIDADES INTERACTIVAS


martes, 4 de outubro de 2016

LIBEREMOS O GALEGO!

As nenas e nenos de 4º B saben do que falan. Pódese dicir máis alto pero non máis claro:

LIBEREMOS O GALEGO