martes, 8 de novembro de 2016

CHEIRA A CASTAÑAS

Non queda nada para o noso magosto, xa me cheira a castañas asadas.

Ide ensaiando que se non cantamos, este ano non papamos castañas.

mércores, 2 de novembro de 2016

A AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN


 A rapazada de infantil dos grupos de 4 anos A-B e 5 anos A da Lomba argallaron unha aventura de Samaín con Don Quixote e Sancho de protagonistas. Mirade:



AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN

"Nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme, atopábanse Don Quixote e Sancho dispostos a vivir unha nova aventura. De súpeto:

- Mira Sancho! A sorte favorécenos amigo Sancho.

- Velaí un feixe de meigas bailando coas súas vasoiras. Que argallarán?

- Non temas amigo Sancho, Non permitirei que nos enfeiticen.

- Retorne vosa mercé, non peque de precipitado, non vaia a resultar coma as outras aventuras. Que non hai meigas, nin vasoiras, nin feitizos, nin conxuros por parte algunha. Que só son mouchos voando nesta noite especial.




mércores, 19 de outubro de 2016

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ

O noso cole comeza a dar un pouquiño de medo...         morcegos, bruxas e monstros andan soltos!!


Pero se o que queres é o medo espantar, o mellor que podes facer é CANTAR.


Se o medo xa espantaches igual te atreves coa BRUXA REGAÑADENTES:



Se estás na procura de actividades, aquí deixamos un bo feixiño:

UNIDADES DIDÁCTICAS 
WEBQUEST (entra como convidado)
ACTIVIDADES INTERACTIVAS


martes, 4 de outubro de 2016

LIBEREMOS O GALEGO!

As nenas e nenos de 4º B saben do que falan. Pódese dicir máis alto pero non máis claro:

LIBEREMOS O GALEGO


luns, 5 de setembro de 2016

3,2,1...

BOAS!!  Non queda nada, nadiña para vernos as caras de novo.


Lembrade que comezamos o LUNS 12 DE SETEMBRO ÁS 9:15.

Podedes ir botándolle un ollo ao calendario deste novo curso se premedes AQUÍ.




 

mércores, 4 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

"O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade."

 

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao escritor chairego Manuel María. Nesta entrada deixamos uns enlaces a webs moi interesantes onde atoparedes moita información, recursos en liña ou para imprimir.

Mergullade no seu universo e empapádevos das súas letras!!

CASA MUSEO MANUEL MARÍA

SEMINARIO GALÁN

COORDINADORA DOS ENDL

ESPAZO ABALAR