Se estás aquí atópaste a piques de mergullirte no espazo virtual que o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (ENDL) do CEIP A Lomba coordina. Goza do mergullo!!
luns, 14 de novembro de 2016
QUENTANDO MOTORES PARA O MAGOSTO
Para ir quentando motores para o magosto que mellor que unhas actividades de outono:
ACTIVIDADES DE OUTONO
O MAGOSTO
martes, 8 de novembro de 2016
CHEIRA A CASTAÑAS
Non queda nada para o noso magosto, xa me cheira a castañas asadas.
Ide ensaiando que se non cantamos, este ano non papamos castañas.
Ide ensaiando que se non cantamos, este ano non papamos castañas.
mércores, 2 de novembro de 2016
A AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN
AVENTURA DE DON QUIXOTE NO SAMAÍN
"Nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme, atopábanse Don Quixote e Sancho dispostos a vivir unha nova aventura. De súpeto:
- Mira Sancho! A sorte favorécenos amigo Sancho.
- Velaí un feixe de meigas bailando coas súas vasoiras. Que argallarán?
- Non temas amigo Sancho, Non permitirei que nos enfeiticen.
- Retorne vosa mercé, non peque de precipitado, non vaia a resultar coma as outras aventuras. Que non hai meigas, nin vasoiras, nin feitizos, nin conxuros por parte algunha. Que só son mouchos voando nesta noite especial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)